A cuarta edición do Festival de Ópera na Coruña comeza o venres día 7 e remata o 2 de novembro, homenaxeando nesta ocasión a figura de Giuseppe Verdi por mor dos cen anos da morte do compositor. E por primeira vez no Estado interpretarase a obra "Un Giorno di Regno", entre outras do autor italiano, ademais dunha ópera de Wagner, pezas de Bellini e Donizzeti. Poden atopar o programa completo na web da Sinfónica de Galicia.
.