Os sempre activos Tróspiros de Caña están promovendo dende a súa web a volta ás pantallas do país de Arale, esa algareira rapaciña xaponesa de lentes que animaba as tardes televisivas dos que hoxe rondan os vinte anos. Prendidos pola nostalxia tamén tiveron memoria para grandes clásicos coma George e Mildred ou Sitio Distinto.
.