Aos afeccionados a matar as calores do verán en coiros veñen de prohibirlles en Getxo esta práctica. Só unha praia lles segue sendo accesible: Barinatxe (A Salvaxe). Nas demais o alcalde acaba de prohibilo. Pero a Asociación de Naturistas Vascos comezou unha campaña a través de internet para reivindicar o dereito a practicar o nudismo. Por certo, os nudistas galegos tamén teñen o seu punto de encontro na rede.
.