A máis importante cadea de sex-shops inglesa, Ann Summers, declarou hai pouco o día 31 de xullo como o Día Nacional do Orgasmo. E está adicado -como non- ás mulleres que reclaman unha completa e satisfactoria vida sexual, xa que segundo un estudio publicado por esta empresa, o 80% das féminas finxen o seu orgasmo. Así que o lema é: "Faino, non o finxas". E achegan consellos (e aparellos que axudan): "Conseguir un orgasmo ten máis que ver co que pasa polos teus ouvidos que co que pasa entre as túas pernas..." Claro que xa hai quen puxo día para o International Orgasm Day... será o 8 de agosto (prepárense...).
.