Un manifestante contra o Cumio do G8 de Xénova faleceu onte á tarde tras recibir un disparo da policía, no medio de grandes enfrontamentos. Como se pode ver na imaxe, mentres o mozo quere guindarlle un extintor ao coche policial, un axente blande unha arma. Na reportaxe fotográfica que podedes ver aquí compróbase que despois un coche policial lle pasa por riba ao cadáver. O mozo falecido foi identificado a última hora do serán: un romano de 23 anos chamado Carlo Giuliani. A morte foi admitida polo Ministerio do Interior. |
.