(4 de agosto) Un clásico dos festivais folc en Galicia chega este ano á XVIII edición. Luar na Lubre, La Bruja Gata, os irlandeses Calico, toque exótico cos Keltieg dende Eslovenia e os vascos Alaitz eta Maider.
Unha referencia para o folc galego. A cita de tódolos primeiros sábados de agosto na Carballeira de Zas. Son xa XVIII anos armando festa. Cultura, música e diversión do festival organizado pola asociación Castro Meda.
Pola tardiña o grupo de baile de Santa María de Torás, de Laracha, os Castro Meda e a Banda de Gaitas do Padroado Cultural de Narón.
E dende as nove da noite, os madrileños de La Bruja Gata, Luar na Lubre, os vascos Alaitz eta Maider, Calico de Irlanda e os eslovenos Keltieg.