(13-15 de xullo) En marcha dende este venres. Pola cidade portuguesa pasarán importantes figuras do panorama musical internacional. Este ano, as actuacións de Neil Young and Crazy Horse, Beck, Ben Harper and The Innocent Criminals fan que se consolide, xunto co Festival do Sudoeste, como cita obrigada para os amantes do pop rock. Ademais, artistas lusos como Sérgio Godinho, que o primeiro día presentará un espectáculo no que conmemora 30 anos de carreira nos escenarios.
O festival dará comezo cunha festa dance que terá lugar o día 12 coa actuación de DJ´s como Frank Maurel, Nacho (España) e Junior F.
O día 13 actuarán no palco Sabor Auténtico Neil Young and Crazy Horse, Beck, Clá- Lu-Lu Blind. O día 14 Ben Harper and The Innocent Criminals, Asian Dub Foundation, Fantòmas Sérgio Godinho. O derradeiro día actuarán Xutos & Puntapés, Megadeth, Hellacopters e Blind Zero.
No palco Optimus actuarán durante os tres días Clay, Teresa Gabriel, Toranja, Hi Fi Jò, Gomo, Terracota, Outbreak, LF Cool, Zorg, Tendrills, Andre Indiana e Buena.
E no palco Cool Dance estarán do 13 ó 15, DJ Meek, DJ NY, VJ Static Project e DJ Mr. Mind.
Como novidade, instalarase unha sala de proxección de filmes actuais na que se poderán ver diferentes filmes portugueses e internacionais de recente aparición no mercado.
O prezo dos billetes dependerá do tempo da estancia (7.500 escudos os tres días e 5.000 un só día) pero se atopades algún tipo de dúbida, teredes máis información en Vilardemouros.com e para contratar a viaxe podedes acceder a Breakpoint e a Clix.pt.