Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Vaise rexistrar un dubidoso millo transxénico

Amigos de la Tierra vén de alertar “que está a punto de se inscribir no Rexistro de Variedades Comerciais do Estado Español varias variedades do millo modificado xeneticamente T25 de Aventis”. Esta inscrición posibilitaría a súa venda para cultivo comercial en España. “Dada a maneira moi dubidosa coa que se autorizou a nivel europeo, Amigos de la Tierra pide ao Ministro de Agricultura que no dea o seu visto e prace á inscrición no devandito Rexistro das variedades de millo T25”.

- 18:56 29/05/2001
Tags:

“Amigos de la Tierra levou a cabo unha investigación sobre os procesos de autorización e tanto as probas científicas aportadas por Aventis en apoio á súa petición, como as actuacións das administracións públicas competentes (neste caso europeas e británicas) revelan fallos moi graves (ler informe)”.

O Centro Iris estivo en Eslovenia

Un informador ambiental do Centro Iris de Ourense, estivo presente na comarca de Brezice, na fronteira esloveno-croata, “para investigar posibilidades de participar en proxectos e iniciativas comunitarias para a mocidade”. A visita respondeu a unha invitación do Programa Youth da Unión Europea e o Instituto de la Juventud do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.

“Amigos da Terra, da que depende o Centro IRIS de medio ambiente, está a participar en distintos proxectos europeos como a campaña sobre o cambio climático The Bet (A aposta), na que participan con catro centros educativos da provincia ourensá, ou o Servicio Voluntario Europeo, onde esta asociación é unha organización de envío e tamén de acollida de voluntarios. Así, dentro deste último programa, nestes intres tres mozas de Hungría, Francia e Alemaña están a desenvoler tarefas de educación e información ambiental.”


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: