Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Osíxeno para o Canal Verde, Dioxina para Del Álamo

A delegación compostelá da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) decidiu conceder o Premio Osíxeno, na categoría "Á transparencia informativa no tratamento dos problemas ambientais galegos", á Federación Ecoloxista Galega (FEG), polo seu labor de xestión do Canal Verde de Vieiros, pola edición do boletín Terra e pola súa web. Os Premios Osíxeno son premios sen dotación económica que teñen por obxecto recoñecer accións a favor do ambiente desenvolvidas no ano anterior. Pola contra, os Premios Dioxina, salientan accións negativas para o medio. Os Premios Osíxeno e Dioxina foron entregados, coa participación do actor Victor Mosquera, "Befa", ben coñecido polo seu personaxe "Taracido" nas serie Mareas Vivas, no transcurso dunha cea celebrada en Santiago o 21 de abril, na véspera do Día Mundial da Terra. O premio Dioxina ao maior atentado ecolóxico foi para Carlos del Álamo, conselleiro de Medio Ambiente.

- 10:52 24/04/2001
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: