Se hai uns días dabamos conta da traducción ao galego do buscador Altavista, estes días o coruñés Luís Touriñán acaba de rematar a traducción das mensaxes do popular buscador Google ao galego. E xa está na rede. Fixémoslle unha entrevista en Vieiros Galego.org para saber de como é e foi o choio. Ademais, damos conta da campaña do Concello de Ferrol na promoción do uso do galego en Internet, dun diccionario para a lusofonía, doutro sobre psicoloxía e educación e dun congreso internacional sobre linguas minorizadas en Marrocos.
.