O Colectivo Augasquentes organiza a "Semana Zapatista", que contará con conferencias, festas, concertos e unha exposición sobre o movemento zapatista. A semana durará dende o luns 22 ata o sábado 27 de Febreiro.
Con isto os organizadores pretenden transmitir unha mensaxe de apoio ó levantamento indixena. Estes actos comezaron o Luns 22 coa presentación nas rúas da Coruña. O Martes día 23 houbo unha conferencia no Centro Cultural das Torres de Santa Cruz impartidad por Iván Prado sobre "Chiapas: a revolución indíxena". O Mércores 24 preséntase o libro "Cuentos para una soledad desvelada" do Subcomandante Marcos na Librería Lume, ás 12:30 h., e continuará cunha conferencia no Salón de Graos da Facultade de Dereito do Campus de Elviña co título de "Chiapas: as sete revolucións de Zapata". O xoves 25 comezará cunha conferencia "Chiapas: a revolución do século XXI", no Centro Fonseca ás 20:00 h. e continuará cunha festa zapatista no Pub "Dublín", ás 22:30 h. O venres 26 haberá un coloquio co título "A intervención para a transformación social. O modelo dos centros culturais zapatistas", no Centro Semente (Rúa A Paz, Os Mallos), ás 19:00 h. O sábado 27 haberá un seminario zapatista na Casa Silva, en Bastiagueiro (Oleiros), e rematará cun concerto en defensa da costa de Dexo, organizado pola Asociación Xuvenil Taina, que terá lugar no Pavillón "Arsenio Iglesias" de Santa Cruz.