¿Era Milosevic o único problema? ¿Era a guerrilla do sur de Serbia, o Exército de Liberación de Presevo, Medvedja e Bujanovac, o castigo imposto a Kostunica por non aceptar a entrega de Milosevic a Carla del Ponte? ¿Son os conflictos de Macedonia a expresión do descontento da UÇK pola progresiva entrega de Cosova ao control de Belgrado? A nova escalada do conflicto balcánico sitúa contra as cordas a estratexia internacional de mantemento do 'statu quo' na rexión. Ata agora Macedonia, dunha extensión similar a Galicia, presumía de ser a única das Repúblicas da antiga Iugoslavia que accedeu á plena soberanía sen disparar un só tiro. Máis información no Canal Mundo de Vieiros.
.