Abrumadora maioría. Os lectores de Vieiros apoiaron de xeito masivo (80% dos votos) a Marcha Zapatista a DF capitaneada polo Subcomandante Marcos na enquisa da semana pasada. Segundo este 80%, trátase "dunha experiencia da teriamos moito que aprender", mentres que outro 9% considera que "é positivo pero a nós non nos afecta". Escépticos co EZLN mostráronse só un 6% anotando que "está ben para os románticos, pero estamos xa no terceiro milenio..." E expresaron que "ese non é xeito de solucionar os problemas" somentes un 4% dos participantes.
.