Trinta antigos obreiros de Izar Ferrol veñen de presentar nas oficinas do SMAC as súas demandas por doenzas relacionadas co uso do amianto na antiga Bazán. Isto semella tan só o principio dunha larga lista, que chega aos cen casos en estudio nos servicios xurídicos de CCOO e a CIG. De momento, a primeira sentencia recoñece os danos causados por Izar, que deberá indemnizar con 27 millóns de pesetas aos herdeiros dun afectado. Máis información en Vieiros Ferrol.
.