Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O Pantanal, declarado Reserva da Biosfera

O Pantanal do Mato Grosso (Brasil), que xa era Patrimonio da Humanidade, vén de ser declarado pola UNESCO Reserva da Biosfera. O Pantanal é a maior zona húmida do planeta, cunha extensión máis de 8 veces a de Galicia. O biólogo galego Javier Castroviejo, exdirector da Estación Biolóxica de Doñana, ten afirmado que comparar Doñana co Pantanal é algo así como comparar unha charca con Doñana. A decisión da UNESCO pode contribuír á conservación dun dos espazos naturais máis valiosos da Terra, estimulando ás Administracións brasileiras a se comprometeren máis. As Reservas da Biosfera da UNESCO non son reservas intocábeis senón unidades para promover o aproveitamento ecoloxicamente sustentábel dos recursos, a investigación e a educación ambiental.

- 12:54 15/01/2001
Tags:

O biólogo Márcio Ayres, director do Centro Para a Conservação do Pantanal e membro do WWF-Brasil sinalou que a declaración como Reserva da Biosfera é da "máxima importancia" para o Pantanal, un dos "paraísos da Terra", riquísimo en diversidade biolóxica e ameazado polas plantacións de soxa, a alteración da súa dinámica hidrolóxica, a polución e a caza e a pesca ilegais.

Os colonizadores europeos chamaron ao Pantanal Mar de Xaraiés, o nome do pobo indíxena que acharon na zona. O nome non resulta tan errado se tomamos en conta que unha das hipóteses científicas sobre a formación do Pantanal sostén que éste foi un brazo de mar. O Pantanal fica alagado nas dúas terceiras partes da súa extensión durante seis meses ao ano.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: