A pesares da moción socialista aprobada no pleno da corporación por unanimidade e, da promesa do presidente da Autoridade Portuaria, Juan Corral de buscar unha solución ó tema, os verquidos seguen producindose na dársena de Bouzas.
Destes verquidos, os traballadores da zona, culpan a unha empresa situada a uns 30 metros do lugar.A empresa contra a que se teñen presentadas dúas querelas criminais defendese alegando que conta cunha depuradora nas súas instalacións. Sen embargo, os verquidos seguen a producirse nesta darsena ata a que onte se desplazaron numerosos efectivos da policía para certificar o lamentable estado no que se atopan as augas. Os verquidos que seguen a producirse dun xeito periódico non foron ainda frenados por ningunha autoridade competente. Sobor deste tema, o presidente da Autoridade Portuaria, Xoan Corral, declarou fai algúns meses que o tema xa estaba solventado, mentres que o alcalde da cidade subliñaba que non tiña competencia algunha neste problema. A pesares desta declaración do alcalde o seu partido político mailo BNG, aprobaron unha moción presentada polo PSOE para rematar con esta situación. A suciedade en Bouzas pode apreciarse no só nos peiraos, senon nas escaleiras e os cabos das embarcacións ancoradas na zona e, tamén nas manchas aceitosas da auga que impide a visibilidade baixo as mesmas.