Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A baixa da electricidade estimula o consumo

Greenpeace pide que a rebaixa do 4% no recibo da electricidade decidida polo Ministerio de Economía que, sen dúbida, incentivará un consumo de electricidade aínda maior, "se invista en xestión da demanda e fomento das energías renovábeis". Greenpeace solicita tamén a supresión dos chamados custos de transición á competencia (CTCs), ao consideralos unha compensación billonaria ás eléctricas non xustificada.

- 20:11 23/12/2000
Tags:

Greenpeace propuxo ao ministro de Economía, Rodrigo Rato, a adopción dun conxunto de medidas para reducir as emisións de dióxido de carbono do sector enerxético co orzamento que obtería co aforro dos CTCs. Entre outras medidas, propón o estímulo ao aforro e uso eficiente da enerxía, que se conseguiría facendo que o usuario pagase menos por quilovatio hora ao gastar menos enerxía, ou o aumento das primas ás enerxías renovábeis que máis dificultades tiveron até agora para entraren no mercado.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: