Malia ter anunciada unha coalición segura con CNG.
Os centristas de Lugo non irán ás eleccións coaligados. Diante da indecisión de Julio Ulloa respecto á proposta que se lle fixo chegar para encabezar unha posible lista unitaria de Democracia Galega e Converxencia Nacionalista Galega, finalmente esbotou esa posibilidade e DG, que no resto de Galicia xa iba en solitario, fará unha lista propia en Lugo, da que non se coñecen datos, pero se apunta a que pode incluir algún independente. As posibilidades de obter representación no Concello por parte de calquera destas forzas políticas son moi escasas. Na actualidade non teñen concelleiro algún.