A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETEG) celebra na noite do venres a Noite Galega das Telecomunicacións, unha xuntanza na que tomarán parte representantes das operadoras e dos fabricantes que desenvolven a súa actividade en Galicia. Comezará ás cinco da tarde no Gran Hotel La Toja, coa celebración da Asemblea Xeral Ordinaria da AETG, para que logo teña lugar unha mesa redonda na que recoñecidos especialistas no ámbito das telecomunicacións analizarán o impacto socio-económico das novas tecnoloxías. Darase a coñecer tamén o premio 'Xerardo García Campos', un galardón que naceu co obxectivo de estimular a capacidade de creación empresarial dos novos valores no ámbito das telecomunicacións.
.