Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Nova agresión a unha muller polo seu ex-marido.

A garda civil detivo ó veciño de Mos, de 49 anos e nacionalidade portuguesa, acusado de apuñalar dúas veces cun coitelo a súa ex-muller cando, ela saia dunha clínica de O Porriño onde realizaba os servicios de limpeza.

- 00:07 22/04/1999
Tags:

O estado da muller agredida non reviste gravidade e, se atopa no seu domicilio, un piso de acollida de mulleres tutelado polo concello, cos seus fillos. O suceso tivo lugar onte e a agredida foi nun primeiro momento trasladada ó Hospital do Meixoeiro onde foi dada de alta. Pola súa banda, a garda civil, informou de que o presunto agresor pasou a disposición xudicial. No momento de producirse o arresto, os axentes incautaronlle a arma branca que foi empregada na agresión. A víctima xa tiña presentado con anterioridade varias denuncias contra seu ex-esposo por ameazala e agredila, polo que lle foi outorgada protección policial para desprazarse entre os dous centros de traballo onde estaba empregada. A concelleira da muller, denunciou que esta protección non se lle facilitara na vivenda xa que, nin o xuíz nin o fiscal consideraron que existiran suficientes probas de acoso e de intentos de agresión do seu ex-marido. Por elo, a Secretaría da Muller de CCOO, solicitou onte ás autoridades e organismos competentes, a protección necesaria para as mulleres que sofren danos físicos e psíquicos por parte dos seus ex-compañeiros. Tamén, a vocalía da Muller da Federación de Asociacións Veciñais, as Vocalías da Muller da Federación de Asociacións Veciñais "Eduardo Chao" e outros colectivos, realizaron onte unha concentración na cidade para denunciar o suceso e pedir que se paren os malos tratos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: