Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

“Cátedra Compostela” na Politécnica de Catalunya

O Departamento de Construccions Arquitectónicas da UPC e mais o Centro Galego de Barcelona (CGB) son as dúas entidades que promoven a creación da “Cátedra Compostela” que terá como obxectivo potenciar o coñecemento e difusión do Camiño de Santiago. Para isto foi nomeada unha Comisión Xestora coordenada polo arquitecto e profesor da UPC Alfonso Pérez Guerra. Os integrantes desta comisión son ademáis Olegario Sotelo Blanco, presidente CGB, o arquitecto e profesor da UPC Domingo Rodríguez Andrés e o advogado e profesor Daniel Pérez Guerra.

- 21:17 21/04/1999
Tags:

Os obxectivos xerais da “Cátedra Compostela de Barcelona” enmárcanse dentro dos principios que rexen o Grupo Compostela: Tomar o Camiño de Santiago como eixo integrador das culturas europeas, ademáis de estudiar a arte, a arquitectura e a cultura das cidades situadas nos diversos camiños de Santiago e organizar todo tipo de actividades socio-culturáis que axuden a difundir o coñecemento do Camiño.

A sé da Cátedra situarase no Centro Galego de Barcelona a proposta do seu presidente e disporá de locais, despacho e biblioteca. Estará adscrita á UPC por aprobación e tutela do Departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade a proposta do seu director, o cadeirádego Domingo Rodríguez, e disporá de acceso á biblioteca e aos estudios de investigación custodiados por este departamento.

Os recursos económicos e mais a administración canalizaranse a traveso da Caixa de Actividades Culturais do CGB e se contabilizarán nun apartado creado para tal fin, realizándose as súas actividades sen ánimo de lucro. Ademáis a “Cátedra Compostela” pedirá a súa integración no Grupo Compostela, constituido no ano 94 en Santiago, adoptando os seus principios e defendendo a Europa das universidades.

O programa de actividades desenvolverase cada ano de setembro a xuño e se presentará no próximo mes de maio para ser aprobada a súa entrada no Grupo Compostela, e pensase que será no mes de xuño cando sexa aprobado o seu orzamento. As actividades propostas seguirán a liña do Grupo Compostela tendo en conta as particularidades do entorno social de Cataluña.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: