O Consello da Xunta aprobou hoxe un proxecto de Lei mediante o cal regulariza a situación dos habitantes da Illa de Ons. A través deste texto lexislativo, os illáns que detentaron determinados inmobles neste espacio poderán ter un título xurídico estable que lles permita continuar nestas situacións posesoria, xa que tanto esta illa coma a outra, Onza, foron expropiadas en 1942 e agora son propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia, e que están incluídas no Plan de ordenación dos recursos naturais das illas atlánticas. Aprobouse tamén o investimento de 1.928 millóns de pesetas na modernización do agro galego e de 1.236 millóns adicados ao Plan Xerontolóxico 2000.
.