Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A recuperación do porco celta

Moitos crían extinguida esta raza autóctona galega. Pero dende a Xunta informan de que non, que nestes momentos hai 196 animais inscritos e continúan por todo o país as labores de localización de novos exemplares. O porco celta é a variedade de porco doméstico que existía tradicionalmente en todo o norte peninsular. Era a raza máis importante en Galicia ata comezos de século, pero a chegada doutras de crecemento máis rápido e maior rendemento foi propiciando a súa diminución, ata case chegar a desaparecer. Nesta web poden ver fotos da única raza porcina autóctona, da que foi publicada recentemente no DOG o seu Libro Xenealóxico, elaborado pola Consellería de Agricultura en colaboración coa Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel). Con el preténdese completar os programas de fomento e difusión desta raza, que constitúe un importante caudal xenético da gandería galega.

- 10:22 02/11/2000
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: