O conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Jesús Pérez Varela, asinou o luns co director territorial de Galicia e Asturias de Telefónica, José Manuel Soto, e os alcaldes de Ribeira, Monforte, Verín e Redondela os convenios para o desenvolvemento do proxecto piloto 'Cidades Dixitais de Galicia'. Esta iniciativa, que suporá un investimento de 343 millóns de pesetas, ten como obxectivo facilitar a empresas, institucións e cidadáns o acceso a servicios avanzados de telecomunicación en areas como administración, cultura, turismo, sanidade, formación, traballo, asistencia social e lecer.
.