Rusia, tradicional aliada de Milosevic, e a UE recoñeceron a Kostunica novo presidente da Federación iugoslava. Bruxelas saudou o novo réxime anunciando o levantamento das sancións que pesan sobre o país. Isto acontece logo de que onte se producira unha auténtica revolución nas rúas de Belgrado: milleiros de cidadáns esixían a marcha do presidente Slobodan Milosevic, despois de que o Tribunal Constitucional anunciara a anulación das eleccións presidenciais. Os manifestantes tomaron o Parlamento e a televisión pública. O líder da oposición, Vojislav Kostunica, proclamouse presidente dunha "Serbia liberada". A oposición controla agora os principais medios de comunicación e a gran pregunta que xorde agora é: ¿Onde está Milosevic? ou, mellor, ¿que vai facer Milosevic? Para seguir o conflicto recomendamos estas webs:
.