Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A liberalización chega á electricidade

A empresa americana Enron vén de presentarse en Galicia como a primeira alternativa na enerxía eléctrica para as pemes. Enron Direct ofreceu aforros medios do 20 por cento na factura eléctrica a aquelas empresas que se conecten a máis de 1 quilovoltio (media e alta tensión). Quen elixa cambiar o seu subministro a Enron Directo non terá que pagar ningún custe adicional. Esta compañía -a maior comercializadora de electricidade nos EEUU- conseguiu en 1998 a primeira licencia do Ministerio de Industria e Enerxía a un participante non español e abre así o mercado a novas empresas.

- 11:28 19/09/2000
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: