Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

EdeG, denuncia a Audasa polo cobro da peaxe.

O secretario comarcal de EdeG, Emilio Fernández dixo que a súa formación presentará hoxe nos xulgados, unha demanda xudicial contra Audasa e contra o Ministerio de Fomento polo cobro "ilegal" da peaxe no tramo urbano da A-9 entre Rande e Vigo.

- 00:50 16/04/1999
Tags:

Esta decisión foi tomada tras recibir unha comunicación do Valedor do Pobo, na que se apuntaba a posibilidade de presentar esta denuncia. Fernández Zunzunegui dixo que, un tramo urbano non pode estar sometido á peaxe. Tamén, Iniciativa per Catalunya presentará unha proposición non de lei, a iniciativa de EdeG, na Cámara para esixir que se reduzan a un 50% a partires do día un de maio, as peaxes das autoestradas ubicadas na comunidade galega. Deste xeito, a situación de Galicia quedaría igualada coa do resto dos viais do Estado e, non tería que agardarse ata o ano 2.000 para ter unha rebaixa como en principio estaba previsto. EdeG presentará tamén unha proposición non de lei no Congreso coa fin de recuperar a zona da Madroa que esta afectada polo impacto ambiental trala construcción do falso túnel na autoestrada que unirá Rande e Puxeiros. Solicitará igualmente que, o túnel sexa alongado 200 metros máis. Pola súa banda, o candidato a alcaldía, Paco García, indicou que a súa formación pedirá á Federación de Asociacións de Veciños que constitúa unha plataforma antipeaxe para impedir que se impoña a peaxe no tramo Rande-Puxeiros que se abrirá en breve. O líder de EdeG, Paco García, dixo que o vindeiro dia 24 presentará a lista cos candidatos e mailo programa para as eleccións do 13 de xuño.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: