O sábado 26 de agosto comeza a Vuelta Ciclista a España, que non pasará por Galicia e contará tan só coa presencia dun galego: o padronés José Ángel Vidal, a man dereita de Escartín no equipo Kelme-Costa Blanca. Lembramos que Marcos Serrano segue lesionado e non pode participar nesta carreira, que rematará o 17 de setembro. Na web oficial da volta ofrece unha completa información sobre cada unha das etapas, equipos e corredores. Ah, e recorden que as mascotas oficiais son Mortadelo e Filemón, que tamén nos informan na súa web sobre os aconteceres do percorrido.
.