Este luns foi a apertura oficial das festas de Betanzos
Aínda que moitos xa celebraron durante a pasada fin de semana e por todo o alto a apertura ´non oficial´, e dende o día 10 hai actos culturais na cidade, hoxe comeza oficialmente o San Roque.
Os actos centrais do día foron o pregón e a proclamación da raíña das festas. Si, proclamación de raíña, tradición fondamente arraigada tamén en Betanzos. Aínda que non parece que aquí a cuestión vaia ser tan polémica como en Pontevedra. Pode que algún betanceiro queira deixar a súa opinión. ¿É unha tradición rexeitable e/ou degradante? ¿É simplemente unha tradición e como tal debe ser respetada porque non molesta a ninguén? En Vieiros Pontevedra podedes observar tamén a evolución da enquisa que se desenvolve sobre este tema.