Poucas logran postos de directivas ou catedráticas
Só un 20% dos altos cargos no sector das TIC son mulleres
As galegas son minoría no sector tecnolóxico; unha minoría que ademais mingua cando se fala de postos con maior responsabilidade e mellor salario. Esta desigualdade de xénero dáse tanto no ensino como nas empresas, malia que as universitarias galegas sacan mellores notas cós seus compañeiros. E é que menos do 20% dos directivos e dos profesores universitarios en tecnoloxías da información e das comunicacións (TIC) son mulleres. Así se desprende dos primeiros datos publicados pola Unidade Muller e Ciencia (UMC), unha nova oficina da Xunta contra a fenda de xénero nas novas tecnoloxías.
Manuel Vilas - 09:28 09/03/2007
Nas carreiras técnicas, a desigualdade de xénero aumenta entre os postos mellor pagados. Por exemplo, un terzo dos universitarios que estudan carreiras tecnolóxicas son mulleres. A porcentaxe de profesoras universitarias nesta area cae por debaixo do 20%. Se falamos de catedráticos, a proporción non chega ao 10%.
Unha fenda idéntica existe no mundo laboral. Así, só un tezo dos traballadores de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) son mulleres. Aínda son menos as galegas que logran algún dos postos mellor remunerados, pois só o 17% dos directivos destas compañías son de sexo feminino, indica o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI).As galegas obteñen máis sobresaíntes
E todo isto sucede a pesar de que as universitarias “obteñen cualificacións de notábel e sobresaínte” máis a miúdo, di a UMC. As galegas tamén son maioría entre os licenciados que logran premios extraordinarios ao final das súas carreiras universitarias.
Ante esta desigualdade, a Xunta lanzou a semana pasada a Unidade Muller e Ciencia co fin de promover “unha elección profesional non condicionada por estereotipos ”. O Goberno prometeu elaborar un plano para fomentar a “incorporación das mulleres como científicas e tecnólogas ao tecido produtivo”.
A volta
Un tercio dos alumnos das carreiras tecnolóxicas son mulleres.
A volta
Menos do 20% dos profesores destas ensinanzas son de sexo feminino.
A volta
A porcentaxe de catedráticos é inferior ao 10%.