DÍA DA MULLER TRABALLADORA
No escáner: Polos dereitos, polas liberdades
Aínda con iguais ou parecidas cualificacións profesionais, os contextos concretos semellan privilexiar sempre ao home. Nunha sociedade desenvolvida a muller xa amosou que pode acceder a todos os eidos profesionais e de coñecemento. E porén, se por exemplo revisamos polo miúdo a lista de postos de dirección en institucións públicas ou de liderado de empresas e outros ámbitos, vemos que son evidentes as cancelas que seguen sufrindo as mulleres.
Redacción - 18:18 06/03/2007
A invisibilidade da muller aparece nos recantos máis inesperados. Así, hai tempo un estudo peneirou un conxunto de libros de texto sumando a porcentaxe de personaxes segundo cada xénero. O resultado: nos textos só o 2,9% das veces se facía referencia a personaxes femininos, nos exercicios e exemplos os homes aparecían en nove de cada dez casos e nas imaxes, só o 19% das personaxes debuxadas eran mulleres.
O propio goberno é exemplo dos déficits: o executivo de coalición entre socialistas e nacionalistas esforzouse en conseguir un goberno paritario co mesmo número de conselleiros e conselleiras. Pero aínda que a iniciativa proxecta unha imaxe optimista respecto á preocupación da axenda política pola situación, se miramos por baixo dos líderes de cada departamento, vemos que entre os altos cargos que aparecen a continuación os homes volven ser esmagadora maioría.
Un camiño lento
Nos lugares onde o contexto socioeconómico xa é de por si especialmente deficitario, a muller enfróntase ao desafío do día a día aínda con maiores obstáculos. A nivel mundial, entre as persoas en idade de traballar, as mulleres acceden ao mercado de traballo nunha porcentaxe até un 30% por baixo da dos homes. Alén diso a alfabetización das nenas está un 20% por baixo da dos nenos, e dúas de cada dez mulleres en todo o planeta sufriron malos tratos.
En Galiza, o lento camiño cara á converxencia no ámbito social e laboral é aínda máis lento no que lle toca á equiparación da muller. A continuación facemos repaso dalgunhas significativas cifras.
A situación no contorno laboral: resumo estatístico
Taxa de actividade (datos 2006)
(media estatal)
Mulleres: 48,56%
Homes: 69,00%
Taxa de desemprego (2006)
Mulleres: 11,4%
Homes: 16,5%
Paro rexistrado (INEM - febreiro 2007)
Mulleres: 102.037
Homes: 58.867
Menores de 25 anos no rexistro do paro
Mulleres: 9.597
Homes: 7.705
Maiores de 25 anos no paro
Mulleres: 92.440
Homes: 51.162
Na procura do primeiro emprego:
Mulleres: 17.983
Homes: 5.803
Desemprego feminino por sectores:
Agro: 1.665 mulleres (3.231 homes)
Industria: 16.403 mulleres (8.705 homes)
Construción: 2.225 mulleres (14.101 homes)
Servizos: 63.761 mulleres (27.027 homes)
Temporalidade:
Mulleres: 38,7%
Homes: 32%
Paro feminino por provincias:
A Coruña: 41.417 (24.397 homes)
Lugo: 9.716 (6.564 h.)
Ourense: 12.568 (7.386 h.)
Pontevedra: 38.336 (20.520)
Salario medio (datos INE - 2006):
Mulleres: 12.744 euros
Homes: 17.128 euros
Mulleres directivas (a nivel estatal):
En empresas con máis de dez traballadores -18,52%
En empresas con menos de dez traballadores - 28,10%
En empresas sen asalariados - 45,27%
Na administración pública - 31,27%
Novas relacionadas
Este xoves, na Galería Sargadelos, María Reimóndez colleu as agullas e o novelo para contarnos que acontece n'O club da calceta. Acompañárona o editor...
O informe da situación da muller no mercado laboral galego, presentado pola Consellería de Traballo, reflicte que as mulleres seguen a estar nunha...
Ao pouco de acceder ao goberno, desde a vicepresidencia do bipartito chegaba o anuncio da primeira iniciativa económica en apoio das maltratadas. Así,...
A volta
As mulleres adícanlle ao traballo no fogar o dobre de tempo ca os homes.
A volta
A maior precariedade durante a vida laboral implica tamén pensións moito máis baixas para as mulleres.
A volta
O 36% das traballadoras galegas non chega ao salario mínimo interprofesional.