Nado en Ferrol en 1967 é fotógrafo de Natureza, realizador de documentais e divulgador da Ciencia dende hai 20 anos. Entre outros, recibiu o premio internacional de vídeo médico de Óbidos ou tres accésits ao Mellor Vídeo do ano da Casa das Ciencias da Coruña. Actualmente traballa en varios proxectos de divulgación científica na web como cytisusinsularis, e na elaboración dun traballo documental sobre o lobo ibérico no territorio lingüístico do galego.
.