Con todo o que está a ocorrer nestes tempos da chamada crise financeira cuxo orixe está no financiamento das hipotecas lixo nos EEUU e que sería mellor definir como “mal facer do sistema financeiro mundial e demostración práctica do fracaso do modelo neoliberal”, cómpre quizais retomar as propostas e iniciativas que no seu día fixeran Alexandre Bóveda, Carlos Mella e Xosé Manuel Beiras, entre outros, sobre a creación dun Ente Público Galego que xestionara o diñeiro público necesario para xerar emprego, investimento e desenvolvemento económico vinculado a actividade produtiva; e dizer: unha banca pública galega.
Esta solución é a única que pode garantir con mecanismos de xestión e control eficaces, que o diñeiro público que sae dos impostos da cidadanía chega a quen o precisa e cumpre a súa finalidade de xeración de riqueza e benestar e da garantía de que existe un control público no seu uso e asemade que os beneficios son tamén públicos.
Mais non chega só con iso; aproveitar esta conxuntura de crise para reforzar e ampliar o sistema público (como propuxo o economista J.M. Keynes no New Deal tras a crise de 1929) é preciso moito mais, é dizer, mudar o modelo consumista, de malgasto, de consumo ilimitado para recuperar o bo facer aplicando tamén sentido común á economía, recuperando a soberanía alimentaria vinculada a terra, o uso apropiado dos recursos, o consumo limitado de enerxía con alternativas de renovación, e dizer: a busca de outro mundo posible onde a humanidade estableza un intercambio xusto e unha vida máis demorada e feliz para as persoas.
Encarna Otero é na actualidade a Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda.
Artigos anteriores en Vieiros:
Tempos de labor (15/07/2005)
Vento de esperanza (19/05/2005)
Inmensa tristeza (14/04/2005)
Crónica de Euskadi (11/04/2005)
As contas das mulleres (08/03/2005)
A Europa merecente dun si (30/12/2004)
O riso das mulleres (22/11/2004) »