Vieiros

Vieiros de meu (ou rexistrate)
manuscrito

Colaboran:

santiago fegamp

estratexia

Ramón

Malia ao tópico que sempre se empregou sobre a 'estratexia culturalista' desenvolvida por Piñeiro, hoxe en día todos, amigos e inimigos do de Láncara, asumen que detrás desa materialización cultural batía un obxectivo político moi consciente, dirixido cara á galeguización de todos os partidos e a revisión do nacionalismo.ver máis

Ramón

entrevista

X.L. Franco Grande

"Neste momento fainos falta outro Piñeiro"

O avogado de Tebra coñeceu ao homenaxeado con vinte anos e converteuse nun dos seus discípulos máis próximos

Ramón

entrevista

Miguel Barros

"O BNG dá acollida a persoas dunha fasquía ideolóxica moi semellante á de Piñeiro"

En decembro leu a súa tese sobre o pensamento político de Ramón Piñeiro, que será publicada pola Editorial Galaxia


estratexia

Reunimos a seis opinións, seis olladas sobre a figura persoal de Piñeiro e a pegada que deixou na sociedade galega. Valoran a estratexia política desenvolvida polo intelectual, a liquidación do Partido Galeguista, e a vixencia dos seus logros. Preguntámoslles, ademais, se consideran que a deriva que se advirte no PP nos últimos tempos e a ruptura do consenso lingüístico provocada polos populares supón un ataque ás teses do pensador galeguista.

Xusto Beramendi

"Era necesario enterrar o PG para facer a galeguización que levou a cabo Piñeiro?"

Antón Baamonde

"Tómase a Piñeiro como chibo expiatorio das impotencias do nacionalismo galego"

María López Sández

"Se se perde a base cultural, pérdese tamén a razón de ser da loita política"

Miguel Barros

"Hoxe no PP hai un revival, unha pretensión de volver á lingua do imperio"

Víctor Freixanes

"Segue sendo necesario crear espazos de consenso para consolidar a lingua"

Camilo Nogueira

"A estratexia de galeguizar os partidos españois resultou un fracaso rotundo"

estratexia

Seis poetas novas e novos, que de seguro non pasaron pola mesa braseiro nin subiron os 56 chanzos do cuarto andar de Xelmírez, 15. Seis novas voces das literatura galega, unha nova xeración sen xeración, que reclama as letras para Lois Pereiro ou para Belén Feliu, que reclama o seu dereito a vivir no seu idioma, o galego, sen esencialismos, con vontade e ideoloxía firme.

Xiana Arias

Teño cosida a boca por dentro/ Fíos negros din o que debo e non debo facer...

Xabier Xil Xardón

Que verde é o meu país/ Tanto coma o mofo verde e cinsento/ da laranxa apodrecida no medio das laranxas...

Lara Dopazo

Marquei o seu número de teléfono/ De lonxe soaba Nacho Vegas, como ao lonxe/ En realidade quería falar pero non tiña nada que dicir...

Gonzalo Hermo

Colocamos neste punto as palabras do divino Marqués/ Como dicilo? O fascio...

Mónica Góñez

Cando cheguei ulías a lavanda/ e o teu corpo pretendía a praza de capital do meu imperio...

Andrea Núñez

Esta nostalxia ten nome e apelidos/ Fose delineando en cada unha das paredes desta casa...

estratexia

Senta na mesa camilla e escoita

O Arquivo Sonoro de Galicia, dependente do Consello da Cultura, publica unha escolma de audios de Ramón Piñeiro, homenaxeado este ano no Día das Letras. Os dez cortes, con licenza Creative Commons 3.0, abranguen intervencións do intelectual galeguista entre 1974 e 1988 en ámbitos diversos, como conferencias, faladoiros, entrevistas e o propio debate parlamentario da Lei de Normalización Lingüística de 1983. O Consello da Cultura Galega recupera, pois, deste xeito, a voz do que foi o seu primeiro presidente, entre 1983 e 1990.ver máis
1976

Reflexións sobre o galeguismo (Conferencia)

1983

Debate da Lei de Normalización Lingüística (Acto parlamentario)

As citas da semana das Letras

axenda
Canda ás celebracións institucionais, en Láncara, destaca a 'Revolta das Letras', que o sábado sacará a poesía ás rúas de Compostela, ou a xornada literaria que o Centro Social As Atochas organiza o domingo na Coruña. Ademais, en Vigo e Lugo senllas exposicións permitirán ver de preto a famosa mesa braseiro. E, por suposto, o domingo ás 12 de mediodía, a manifestación en defensa da lingua dende a Alameda de Compostela. ver máis

estratexia

DOCUMENTAL SOBRE LOIS PEREIRO

"Todo o que desprezamos na literatura galega poñémolo fronte a Lois Pereiro para que el o ataque”

NOVO DISCO

Ataque Escampe: Viaxe de Ida e Volta

VOLVEN FANNY&ALEXANDER

"Tentar chegar á xente non significa tentar gustar tamén ás amigas da túa avoa"

outros

outrosanos
Especiais do Día das Letras dende o ano 1996 e ate o 2007

ver especiais

outrosanos
ALVAREZ BLAZQUEZ, Especial do Día das Letras no 2008.

ver especiais



Agradecementos

Vieiros agradece a colaboración da Fundación Carlos Casares, que nos remitiu a imaxe do manuscrito no que redactou Ramón Piñeiro redactou o borrador do preámbulo da Lei de Normalización Lingüística, aprobada polo Parlamento en 1983. Agradecemos igualmente aos familiares de Carlos Casares e de Ramón Piñeiro, propietarios legais do documento, a cesión para a súa reprodución neste Especial das Letras. Finalmente, agradecemos a Iago Martínez e a Alex Cancelo o permiso para amosar dous fragmentos das imaxes en bruto que formarán parte do seu documental 'Lois Pereiro: Contra a Morte'