Foto do crater Rosalía de Castro (Venus) tomada pola NASA











A Unión Astronómica Internacional abriu unha convocatoria, dirixida a astrónomos afeccionados, na que lles solicitaba suxestións para denomina-los diferentes cráteres de Venus. Nas bases desta convocatoria especificaban que os nomes tiñan que pertencer a mulleres finadas hai tres anos como mínimo e cunha traxectoria significativa en calquera eido da cultura.

A superficie de Venus, malia a non ser visible dende o exterior do planeta, é coñecida practicamente na súa totalidade gracias os sinais das sondas. No 1965 os astrónomos comezaron a elaborar un mapa de Venus e foi a finais dos 70 cando a Unión Astronómica Internacional decidiu denomina-los accidentes superficiais de Venus con nomes de personaxes femininos, coas excepcións de Alfa Regio, Beta Regio e Montes Maswel xa que se tratata de nomes que xa estaban sendo utilizados.

A medida en que se descubrindo máis accidentes, a UAI decidiu solicita-la colaboración dos astrónomos afeccionados para bautiza-los novos cráteres.

Respondendo á convocatoria da UAI, o Taller de Astronomía do Instituto Fernán Esquío de Neda, dno que participan máis de 20 alumnos e alumnas, presentou a proposta de darlle o nome de Rosalía de Castro a un dos cráteres, proposta que acompañaron cunha breve biografía da poetisa.

Recentemente o Director do Taller, Henrique Pujales, recibía un escrito da UAI comunicándolle-la aceptación da súa proposta e indicándolles que o cráter Rosalía de Castro tiña 22,9 Km de diámetro e estaba situado no punto de latitude 3,4 graos Norte e de lonxitude 233,9 graos.


Volver a Vieiros