Vieiros Luns, 28 de abril de 2003

40
[29/11/1999]

 

Por conto alleo

Na estrada
Esta é unha proposta feita por Antonio Rodríguez Vilas a partir das palabras: "lúa" e "veleidade"

 


Relatos anteriores:
Azul e vermello [26/11/1999]

Retratos do xeneral [25/11/1999]

Plumas [24/11/1999]

O fillo do peixe [23/11/1999]

Principio da fin do mundo [22/11/1999]

Síndrome do colmo [19/11/1999]

Árbore, árbore [18/11/1999]

Estratexia do percebe [17/11/1999]

Caste de palleiro [16/11/1999]


Ver todos
T
odas esas luces enfronte, anunciando verbenas ou descanso na distancia, espertábanlle a melancolía do descoñecido. O aire frío que lle entraba por debaixo do casco rebaixáballe o calor lírico, recordándolle os quilómetros que restaban de fuxida. O foco da moto escasamente iluminaba as sombras da noite e cada curva ameazaba co cansazo ou co medo ós uniformes. Un día enteiro a cabalo. A familia tería denunciado, outra vez, a súa marcha e as patrullas da garda civil andarían cun papeliño pegado nos salpicadeiros coa súa descripción e a matrícula. El fuxía da mala vida familiar e o seu pai dicía que tiña veleidades de herdeiro ou de artista caprichoso. Afirmaba e prescribía: non hai solar para parvadas aquí. No lombo da moto, buscaba outros aquís máis favorables. A gasolineira non prometía nada. Nin sequera publicidade. Meteuse no servicio. Unha mensaxe na porta: camioneiro cataría coa boca e polo cu. Falstaff. Subiu a cremalleira calculando: cada quen ten unha desesperación. Retomou o asfalto coas costas doloridas. Entrou na curva confiado e non apreciou o xesto do picoleto dándolle o alto. Freou con exceso de urxencia e mentres o axente lle pedía a documentación esvaráballe un suor frío polas costas. Meteulle o foco nos ollos, mirouno entre socarrón e receoso, mirou o limitado poderío da moto e a distancia co domicilio e deulle a risa. Anda vaite. Montou, deu gas e viu como a lúa marcaba unha nova liña do horizonte sobre o asfalto.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader