Vieiros Luns, 28 de abril de 2003

41
[30/11/1999]

 

Por conto alleo

O sabor dos cereais
Esta é unha proposta feita por Dolores Barreiro Santos a partir das palabras: "minuto" e "eco"

 


Relatos anteriores:
Na estrada [29/11/1999]

Azul e vermello [26/11/1999]

Retratos do xeneral [25/11/1999]

Plumas [24/11/1999]

O fillo do peixe [23/11/1999]

Principio da fin do mundo [22/11/1999]

Síndrome do colmo [19/11/1999]

Árbore, árbore [18/11/1999]

Estratexia do percebe [17/11/1999]


Ver todos
A
ndaba mal de tempo. Apuraba a untar as tostadas para gañar un minuto porque cada vez que chegaba tarde o vedel apuntaba cun Bic Cristal (escribe normal) o seu nome nunha tarxeta. Entrou ela, abriu o frigorífico, tomou o cartón de desnatado, pousouno sobre a mesa, verqueuno directamente sobre a taza e antes de sentarse dixo: Cando chegue a noite non quero ver nin rastro de ti nesta casa. Detívose a vida un segundo e quedoulle o eco das palabras flotando nos oídos e o sabor dos cereais gravado no padal. Entrou e dixo: Cando chegue a noite non quero ver nin rastro de ti nesta casa. Dixo: Pola noite non quero ver nin rastro de ti nesta casa. Nin rastro de ti nesta casa. Nin rastro de ti, nin rastro de ti.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader