Relatos anteriores:
Case en casa [02/12/1999]

Vida de princesa [01/12/1999]

O sabor dos cereais [30/11/1999]

Na estrada [29/11/1999]

Azul e vermello [26/11/1999]

Retratos do xeneral [25/11/1999]

Plumas [24/11/1999]

O fillo do peixe [23/11/1999]

Principio da fin do mundo [22/11/1999]

Ver todos
|
 |
A |
 |
cona máis desexada da vila era de Rosario. Din que era polo nome, porque soaba andaluz e semellaba exótico foder no estranxeiro. A seducción ten estas cousas, porque ela era monfortina por parte de nai e ourensá por parte de pai. Púxoa de meretriz de señoritos unha tía súa que quixo aproveitar as tetas grandes, a pel morocha e unha inxenuidade tan grande como a disposición ás novidades de Francia. Rosario paseaba tódolos días diante dos obreiros da fundición con vestidos de cores e perfumes importados, favores de herdeiros con máis escudos que poderío. O proletariado miraba, dende os ollos sucios do traballo, como o fillo do patrón saía tralo aire sureño, e miraba a imposibilidade de chegar polo bolsillo a ese ceo. Tanto ceo, tan cerca da casa só podía provocar ganas de ocupalo. Pasou Rosario un día de abril con aires de milenio novo, envolta en peles e violetas. Os operarios abandonaron o traballo e marcharon tras dela camiño da Alameda. Puxeron sitio ó caserón da súa tía advertindo pacificamente que se eles producían para pagar a Rosario, eles deberían ter dereito a Rosario. Ela saíu da casa para falar ó tempo que chegaban os policías dispostos ó desprazamento de masas. Os traballadores apretáronse con Rosario no medio e o sarxento decidiu cargar. Na carga escapouse un tiro que atravesou limpamente o corazón da rapaza. O corpo caeu como a neve e todo o mundo admirou, consternado, a suave curva dos peitos tinxidos de intenso vermello. Detívose o mundo alí onde os homes rodeaban á muller. Din que a terra foille leve e respectou ese corpo que os proletarios non cataran.
Danos a túa opinión sobre este relato:
Opinións recibidas
|
|
|
|
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.
 Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader |