Relatos anteriores:
Ambicións do horizonte [15/11/1999]

Nada quedou de abril [12/11/1999]

A mellor prata da cidade [11/11/1999]

Temos un problema [10/11/1999]

Fondo de armario [09/11/1999]

Cadea perpetua [08/11/1999]

Da semántica [05/11/1999]

Punto de mira [04/11/1999]

Peixe do destino [03/11/1999]

Ver todos
|
 |
G |
 |
olfiño era peludo, suave. Non semellaba de algodón porque tiña demasiado marcada a cadavérica fame dos palleiros. Apareceu un día trotando polo patio da casa, saudando timidamente co rabo en movemento e unha actitude devota para calquera que amosase mínimo aprecio por el. Miña irmá enterneceuse da ollada infinitamente abandonada e tratouno coma un ghato: deulle leite e unha cesta pra durmir. Era un can de clase: aceptou o leite e cambiou a cesta pola herba seca. Logo foi aceptando cada un dos cometidos ca familia lle deu: acompañaba a miña nai á praza, vixiaba a noite do gando e aínda xogaba co meu irmao pequeno a distraelo nas tardes dominicais do inverno. Non tiña un mal xesto con ninguén, aínda que lle ladraba algo ós tipos con traxe e maletín, quizais porque hai simpatías imposibles. Algunhas noites ouveaba con certa nostalxia, aventureiro metido a proletario paciente e ata meu pai lle perdoaba as molestias. Ía e viña pola casa como un mordomo británico: orgulloso do andar elegante e convencido dos cometidos. Na foto de familia que fixemos quedou retratado, deitado diante de todos, con aire displicente mentres ignoraba a presencia do fotógrafo. Foi a última. Mandouno pai nun mediodía quente do verán buscar as ovellas á Cerca. Topouse co lume preto do Ruxidoiro. Entre fuxir e seguir o mandado, escolleu seguir tentando recoñecer o camiño entre o calor e o fume. Cambiou o vento traidor, cercouno o fogo e non soubo saír. Topámolo dous días despois, co pelo queimado e a anguria cravada nas súas patas de boa xente.
Danos a túa opinión sobre este relato:
Opinións recibidas
|
|
|
|
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.
 Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader |