Vieiros Luns, 28 de abril de 2003

48
[09/12/1999]

 

Por conto alleo

Coa cruz ó lombo
Esta é unha proposta feita por Henrique Agustín a partir das palabras: "Fracasado" e "Baltasar"

 


Relatos anteriores:
Estaba de ser [08/12/1999]

Doce fogar [07/12/1999]

Divinos sinais [06/12/1999]

Terra Leve [03/12/1999]

Case en casa [02/12/1999]

Vida de princesa [01/12/1999]

O sabor dos cereais [30/11/1999]

Na estrada [29/11/1999]

Azul e vermello [26/11/1999]


Ver todos
A
A morte de Amadeo Pereira deixou a Baltasar de Oliveira como único defensor da idea protozoica de deus e como único propietario da edición completa do seu tratado. Como albacea, De Oliveira quixo continuar a labor teologal de Pereira, por unha banda tentando colocar os volumes que ocupaban unha boa parte do espacio da súa adega. Por outra, pedía a palabra en tódolos foros nos que lle era dado falar para explicar que na súa dialéctica non había nada agresivo contra deus nin contra os seus discípulos. A fama de fracasado precedía cada unha das intervencións, tanto como a noticia de que non conseguira, na súa mocidade, entrar a formar parte da orde de san agustín. Con esa cruz foi cargado por autoridades eclesiais e veciños seglares ata o punto de lle negar os santos sacramentos e a participación nas festas. Mentres os libros de Pereira podrecían comestos da humidade, De Oliveira caía no ridículo da persistencia de acudir cada mañá ó bispado para conseguir licencia de publicación dunha apostila na que, lonxe de corrixir ó seu compañeiro, afondaba na importancia do carácter unicelular de deus para comprender a súa ubicuidade. Non perdeu a razón porque non a tiña, pero foi dado a desvarío polo mundo. Por eso estrañou tanto que unha tarde o seu cadáver aparecese boca abaixo na adega, rodeado das cinzas dos libros e cunha cruz latina gravada a navalla no lombo espido.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader