Vieiros Luns, 28 de abril de 2003

25
[08/11/1999]

 

Por conto alleo

Cadea perpetua
Esta é unha proposta feita por Lúa Testa a partir das palabras: "morcego" e "neurose"

 


Relatos anteriores:
Da semántica [05/11/1999]

Punto de mira [04/11/1999]

Peixe do destino [03/11/1999]

Só te quero [02/11/1999]

Garda de corps [01/11/1999]

Xustamente [29/10/1999]

Fin de ciclo [28/10/1999]

Entrada en materia [27/10/1999]

Santo e seña [26/10/1999]


Ver todos
O
s seus desexos quedaran arrombados en algunha das esquinas do pasado. Cada tarde, ás cinco en punto, chegáballe a neurose e a pesar de finxir tranquilidade, delatábano os tics ata o punto de semellar un torpe estudiante de esgrima. Unha víctima de todos os combates, o que morre en todas as secuencias. Tiña razón o fado, as penas duran 20 anos e os remorsos 80. Faltáballe tanto para o retiro. Cangaba coa conciencia cega e non podía mirar outra cousa que a súa culpa multiplicada en cada unha das circunstancias que os días lle ofrecían. Non conseguía estibar o peso do recordo. Levaba a conciencia do asasino pendurada como un morcego da memoria e cada sombra que advertía recordáballe o día, a hora e o segundo no que levantou a man co coitelo mollado en sangue. Cada rótulo da tarde acusábao: matarife, matarife e só podía responder con acenos ridículos ou con torpes manobras de disimulo. Camiñaba insomne pola cidade e cada madrugaba asomaba a cabeza por riba da baranda da ponte vella, mirando as negras augas do río ofrecerlle solución. Cada madrugada, coa covardía pendurando como un morcego da súa vontade, daba un paso atrás sen tomar impulso, condenándose outra volta á cadea perpetua.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader