Vieiros

24
[05/11/1999]

 

Por conto alleo

Da semántica
Esta é unha proposta feita por Aitor Rivas a partir das palabras: "ozono" e "axóuxere"

 


Relatos anteriores:
Punto de mira [04/11/1999]

Peixe do destino [03/11/1999]

Só te quero [02/11/1999]

Garda de corps [01/11/1999]

Xustamente [29/10/1999]

Fin de ciclo [28/10/1999]

Entrada en materia [27/10/1999]

Santo e seña [26/10/1999]

Pintura íntima [25/10/1999]


Ver todos
N
un deses xogos estúpidos a que alguén nos somete de cando en vez (por cousas do traballo e a psicoloxía ou por cousa do soberano aburrimento burgués) pedíranlle que anotara nun papel algunhas cousas fundamentais para o mundo e a súa reacción inmediata foi escribir os mesmos desexos de cada fin de ano. Antes de que o bolígrafo rodara sobre o papel, recapacitou sobre o verdadeiro valor das boas intencións. Logo pensou nas grandes palabras que cada día asaltan os titulares da prensa como necesidade xeral, pero postos a non baixar o bolígrafo reparou no sentido último dos tópicos. Aínda podía repasar algunhas palabras que forman parte do repertorio habitual da música pop, pero chegado aí decidiu pousar o bolígrafo na mesa para quedar varado no dilema da semántica. As cousas só significan o que significan para cada un e deulle voltas á frase como a unha espiral melancólica na que cada palabra se diluía na representación do seu desexo. Pensou no tanxible e no intanxible, agobiado porque os seus compañeiros de xogo sorrían satisfeitos de ter acabado antes ca el. Outro alguén demandou del unha resposta con palabras para o futuro e contestou: só quero ozono para que o mundo sexa verde e un axóuxere para que poida rir cos nenos.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader