Vieiros

29
[12/11/1999]

 

Por conto alleo

Nada quedou de abril
Esta é unha proposta feita por David Porto a partir das palabras: "zulo" e "cagarría"

 


Relatos anteriores:
A mellor prata da cidade [11/11/1999]

Temos un problema [10/11/1999]

Fondo de armario [09/11/1999]

Cadea perpetua [08/11/1999]

Da semántica [05/11/1999]

Punto de mira [04/11/1999]

Peixe do destino [03/11/1999]

Só te quero [02/11/1999]

Garda de corps [01/11/1999]


Ver todos
F
oi despois de abril. Por maio. Era imposible ver o mundo. Deambulabamos pola igrexa repasando as capelas. Ía un frío feo, católico e sentimental. Erguémoslle os saións ós santos de tela e ningún deles modificou o torpe aceno do éxtase. A case todos, agás San Roque, que andaba sempre cun can. Poida que nos trabase. Subimos ó coro e cantamos algunhas cancións indecorosas (Querida Irene: síguete meneando, que ya me viene). Fóra petaban nas portas. Abrimos os cepillos e fomos esparexendo as moedas para escoitar o cantar metálico de cada unha contra o chan. Mesmo había algúns pesos. Logo xuntámolas todas no pasillo central, como pra unha voda e dous dos máis maiores desfilaron solemnes contra o altar. Outros asubiaban a marcha nupcial. Bebemos o viño e comemos as hostias. Era todo de moita risa aínda que fóra se escoitaba a furia tentando botar abaixo as portas. Irene non veu, así que algúns decidimos meneárnola nos confesionarios. Mágoa que as revistas do rapaz aquel de Samos quedaran na taquilla do dormitorio. Era por maio. Alguén fora con flores a María. Caraveis, creo recordar. Repartímolos e cada quen levaba un posto onde mellor lle cadraba. Eles non podían entrar e nós non podiamos saír. Un neno con cagarría puxo perdida a pía bautismal, de tanto uso. E parecía que era de moita risa. Foi mal que as trancas cedesen e os curas entrasen cos vimbios mallando en nós como se fosemos mercaderes e logo nos meteran nun zulo a todos. Tiveron que vir, avergoñados, os nosos pais a sacarnos cando xa non quedaba nada de abril.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader