Vieiros

32
[17/11/1999]

 

Por conto alleo

Estratexia do percebe
Esta é unha proposta feita por Begoña Pernas a partir das palabras: "percebe" e andróxino"

 


Relatos anteriores:
Caste de palleiro [16/11/1999]

Ambicións do horizonte [15/11/1999]

Nada quedou de abril [12/11/1999]

A mellor prata da cidade [11/11/1999]

Temos un problema [10/11/1999]

Fondo de armario [09/11/1999]

Cadea perpetua [08/11/1999]

Da semántica [05/11/1999]

Punto de mira [04/11/1999]


Ver todos
T
ratar por tratar, trataba a vida coa estratexia do percebe: resistencia toda, mobilidade ningunha. Soportaba a sucesión de circunstancias pola incapacidade de enfrontarse a elas. Vivía mancado pola indefinición, pero non se estrañaba porque algún dos seus devanceiros deixara escrito que había xente así no mundo. Facendo do camuflaxe unha arte oficiosa, esquivaba algunha das invitacións do mundo grande a vivir, que son dous días. Evitaba a seducción das persoas, evitaba a atracción das cousas. Como moito deixaba que lle chegaran coma as ondas do mar: algunhas acariciando, outras golpeando. Unha mañá petáronlle na porta e quedou alerta centinela, en silencio esperando a que o mar pasara sen case tocalo. A chamada insistiu porque hai veces en que a vida é terca, pero lonxe de interesarse tentou pegarse máis á rocha. Na terceira, que din que é a vencida, decidiu moverse porque quizais fose algo inevitable. Pensou na posibilidade, na oportunidade e puxo a bata que a súa nai lle regalara cando conseguiu botalo do fogar familiar. Cruzou o pasillo co andar andróxino de vivir sen declararse, lixeiramente apurado polos golpes que reclamaban urxencia dende o adro do chaleciño. Tensou outra volta o cinto antes de abrir e o movemento impediulle a prudencia de asexar pola mirilla. Tirou da porta e topouse cos dous canóns recortados dunha escopeta que lle esixía ineludiblemente a bolsa ou a vida.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader