Vieiros

34
[19/11/1999]

 

Por conto alleo

Síndrome do colmo
Esta é unha proposta feita por María G. a partir das palabras: "Joaquín" e "Sabina"

 


Relatos anteriores:
Árbore, árbore [18/11/1999]

Estratexia do percebe [17/11/1999]

Caste de palleiro [16/11/1999]

Ambicións do horizonte [15/11/1999]

Nada quedou de abril [12/11/1999]

A mellor prata da cidade [11/11/1999]

Temos un problema [10/11/1999]

Fondo de armario [09/11/1999]

Cadea perpetua [08/11/1999]


Ver todos
F
oi nun pobo con mar, unha noite, aproveitando o desconcerto do fogo fixo e voador. Ela atendía a barra do bar da comisión de festas e a prominencia dos seus peitos rozaba coa intención de todos os clientes e con moitos dos cubatas que servía. El, Quino para os amigos, Joaquín para o rexistro civil, precisaba dar un golpe pra facer caixa e pra recuperar autoestima de profesional sen demasiado currículo: dúas mercerías, unha farmacia, un intento fallido nunha barra americana e o plan perfecto para unha sucursal bancaria. Ó comezar o folión alguén pediu apagade as luces que non se miran ben os foguetes. El pensou na oportunidade e meteuse no tenderete. As liñas dos destinos converxeron xunto á caixa de cartón que facía as veces de rexistradora. Ela colleuno coas mans nun paquete de billetes de dez mil (logo din que hai crise, pero na ría xa se sabe). El, sorprendido, abriu a faca e decidiu levala como refén. Meteuna nun cuarto da casa e cagouse na decisión e en todos os santos do mundo. Despois do segundo xantar comezou a mirala doutro xeito. Pediulle perdón, permitiulle que se duchara, que peiteara os cabelos negros e mesmo que lera os libros que seu pai deixara en herdanza. Multiplicou as atencións e, ó tempo, comezou a devecer coas negativas. Por fin, preguntoulle: porque me negas así? Raptáchesme coma unha sabina. Entristeceu de amor perdido, cativo daqueles desaires. Enfermou tanto que o tremor apoderouse das súas mans. Ela apiadouse un domingo e preguntoulle que lle pasaba: non son digno de ti, pero unha mamada túa bastará para sanarme.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader