Vieiros

43
[02/12/1999]

 

Por conto alleo

Case en casa
Esta é unha proposta feita por Emilia López a partir das palabras: "emigración" e "regreso"

 


Relatos anteriores:
Vida de princesa [01/12/1999]

O sabor dos cereais [30/11/1999]

Na estrada [29/11/1999]

Azul e vermello [26/11/1999]

Retratos do xeneral [25/11/1999]

Plumas [24/11/1999]

O fillo do peixe [23/11/1999]

Principio da fin do mundo [22/11/1999]

Síndrome do colmo [19/11/1999]


Ver todos
D
e noite, tódalas estradas son a mesma estrada. A penas unha liña branca que guía as luces do automóbil. A monotonía da distancia: dous puntos lonxanos cunha nada de asfalto no medio e conducir e conducir. A fatiga da radio, non mirar a escaseza da paisaxe, procurar que as ganas de mexar coincidan co depósito baleiro e andar e andar: facer camiño xa feito. Viaxe de regreso e cansazo de venres. Todo se xunta cando acada ó camión onda liña continua. Nin vai, nin deixa ir. Regresar cada semana como un sinal ou como un rito. Como unha cerimonia interminable que a penas se mitiga a sensación de emigración, de desaloxo emocional ou de débeda permanente. Liña discontinua, avance rápido. Vai camiño de casa e leva acompasados os pensamentos ó ritmo do motor. Dubida da racionalidade da morriña, pero admite o desexo de volver. Outro camión, outra lentitude. Comeza a chover para empeorar os 20 quilómetros de curvas que lle quedan. Falta menos, e os rótulos ofician unha conta atrás que coñece paso por paso. Regresar consiste en calmar o desexo ou en facelo menos doloroso. A chuvia insiste en golpear o coche con ritmo inusitado mentres comeza a ver as luces que anuncian o arrabaldo. Case en casa. Acelera para reducir as distancias, pero o coche decide buscar outro camiño fóra do asfalto, salta un terraplén e queda tendido como un can morto baixo o neón intermitente dun puticlub, co seu conductor repousando definitivamente contra o volante, víctima dos retornos imposibles

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader