Vieiros

37
[24/11/1999]

 

Por conto alleo

Plumas
Esta é unha proposta feita por Lois a partir das palabras: "millo" e "burato negro"

 


Relatos anteriores:
O fillo do peixe [23/11/1999]

Principio da fin do mundo [22/11/1999]

Síndrome do colmo [19/11/1999]

Árbore, árbore [18/11/1999]

Estratexia do percebe [17/11/1999]

Caste de palleiro [16/11/1999]

Ambicións do horizonte [15/11/1999]

Nada quedou de abril [12/11/1999]

A mellor prata da cidade [11/11/1999]


Ver todos
A
índa que lera a Kafka, non sabía ben como chegara a converterse en galiña. Aparecéranlle tres plumas cravadas no cu un venres antes de cobrar o salario. Logo, foron medrando progresivamente por todas as partes do corpo, nun proceso imparable no que, supuxo, tería algo que ver a súa covardía de home tantas veces exhibida. Desesperado, comprobou como a súa conciencia humana desaparecía baixo o impulso da voracidade animal, como din que algunhas galaxias enteiras desaparecen nos buratos negros: limpa e inexorablemente. Non podía saír da casa, pero recibira ofertas para traballar no Circo Ruso, nunha serie pouco documental sobre zoofilia ou de mascota dun equipo de baloncesto. As oportunidades da competencia mediática suavizaban a tensión da súa casa. A nai berraba cada vez que topaba o sofá cheo de plumóns e ameazaba constantemente con facer un bo caldo. Quería resistir á evidencia de ser ave, pero notaba xúbilo cada vez que un verme sesteaba nas macetas. Picotazo e a comer. Sentía medo cerval cando a televisión ofrecía reportaxes sobre raposos e algo se axitaba no interior se aparecía un galo movendo a crista. Lamentaba menos o seu estado a cada ocasión que lle botaban puñadas de millo nun cazo e non lle pareceu raro non poder pronunciar palabras como intelixencia ou astronauta. Espertaba moi cedo e así acabou coa paciencia da nai. Movida pola crueldade humana e polo mal que se entenden as rarezas, meteuno nun saco, arrastrouno polas rúas de madrugada e foino entregar no matadeiro municipal de aves. Ninguén preguntou: so houbo tempo para o machete.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader