Relatos anteriores:
O sabor dos cereais [30/11/1999]

Na estrada [29/11/1999]

Azul e vermello [26/11/1999]

Retratos do xeneral [25/11/1999]

Plumas [24/11/1999]

O fillo do peixe [23/11/1999]

Principio da fin do mundo [22/11/1999]

Síndrome do colmo [19/11/1999]

Árbore, árbore [18/11/1999]

Ver todos
|
 |
L |
 |
evaba inscrita na fronte unha vida de princesa. Era tradición familiar vivir coa narración rampante sobre as cellas e permitir que toda persoa puidese lela con calma, como din que é imprescindible para unha boa comprensión. O costume explicaba tamén que, en ningún caso, a historia podía ser contada, argumentada ou resumida de viva voz polo portador, baixo perigo de deshonra familiar e pública persecución por parte dos alguacís municipais. O texto estaba escrito sobre a cada vez máis vella pel en miudísima letra modernista de cor azul e falaba de mantos de tisú. Marchaba polas rúas do centro, co seu abrigo de cheviot, e alguén o detiña: déixame ler. Quitaba as mans dos petos e, como era alto, flexionaba as pernas para non entorpecer a lectura. Días pasaban en que non chegaba a tempo a xantar e os parentes lle deixaban o prato na mesa e unha doncela encargada de llo quentar cada quince minutos. Falaba o relato de elefantes e altísimas estrelas para xogo de princesas e por eso gustaba ás improductivas fillas da burguesía. Canso de empalagar, marchou un tempo renuente á obriga. Madrugou e contra o espello escribiu outro final. As vellas beatas da cidade que tódolos días sorrían, fuxiron asustadas entre cruces ó comprobar como unha revolución linchara ó pai de Margarita e ela, cun pano vermello e negro anoado, marchaba cantando bandeiras porque agora si que estaba linda a mar e o vento.
Danos a túa opinión sobre este relato:
Opinións recibidas
|
|
|
|
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.
 Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader |