Vieiros

35
[22/11/1999]

 

Por conto alleo

Principio da fin do mundo
Esta é unha proposta feita por Aldo Castro a partir das palabras: "touciño" e "velocidade"

 


Relatos anteriores:
Síndrome do colmo [19/11/1999]

Árbore, árbore [18/11/1999]

Estratexia do percebe [17/11/1999]

Caste de palleiro [16/11/1999]

Ambicións do horizonte [15/11/1999]

Nada quedou de abril [12/11/1999]

A mellor prata da cidade [11/11/1999]

Temos un problema [10/11/1999]

Fondo de armario [09/11/1999]


Ver todos
A
mañá que lle apareceu un anxo no ceo da boca (ou arcanxo, que houbo discusións sobre a natureza da figura) a cidade era unha fervenza de sinais sobre a fin do mundo. Os semáforos volvéranse daltónicos, as lúas dos escaparates perderan a transparencia e as flores de plástico que o concello sementara nos rotondas despedían unha fragancia empalagosa que gustou especialmente ás beatas. Non menos marabilloso, segundo as crónicas de bar, fora a cousa de amencer tres veces en seis horas e que os galos cantaran en cada unha das tres como se todas fosen verdadeiras. Chamou menos a atención que algunhas parellas galgasen en estancias públicas ou que algúns nenos, de natural procaces, xurasen en varios idiomas sen vir a conto en ningún caso. Mesmo houbo quen se estrañou de que os fenómenos non tivesen sido patrocinados pola deputación provincial ou pola caixa de aforros. Tres días despois de que o anxo lle aparecera no ceo da boca, a cidade recuperara a normalidade provinciana e dominical. Nas barberías, uns advertían que se chegara ó limite da indecencia e outros auguraban o comezo dunha nova época social. El, mudo de nacemento, tentaba respaldar ós segundos facendo exhibición do anxo mentres escribía na pizarra que lle servía de boca que o futuro xa chegara, pero sempre, sempre que escribía a palabra velocidade para explicar o signo dos tempos a xente lía touciño e botaba malvadas risas á súa conta.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader