Vieiros

27
[10/11/1999]

 

Por conto alleo

Temos un problema
Esta é unha proposta feita por Tomás Bautista Lijó Marcote a partir das palabras: "ipsofacto" e "fascista"

 


Relatos anteriores:
Fondo de armario [09/11/1999]

Cadea perpetua [08/11/1999]

Da semántica [05/11/1999]

Punto de mira [04/11/1999]

Peixe do destino [03/11/1999]

Só te quero [02/11/1999]

Garda de corps [01/11/1999]

Xustamente [29/10/1999]

Fin de ciclo [28/10/1999]


Ver todos
O
fino bigote mancháballe o labio superior. Fronte ó espello relucían as correaxes. Sentaba no despacho e repasaba a caixa das medallas de ouropel que lle diran en diferentes congresos onde destacara pola brillantez das súas botas e a perfecta administración que facía da gomina. Entrou Martínez con cara de preocupación: temos un problema. Déronos un soplo, asegura que a cidade está chea de cronopios. Me cago na puta que pariu a estes comunistas. Como é que non nos enteiramos. Sácasme a xente á rúa e que non quede un puto ghicho deses rulando por aí. Ipsofacto. Antes a ver se me podes dicir exactamente que merda é eso de ser cronopio. Ipsofacto. Martínez, foder, non avises en comisaría que son uns chaíñas. Ipsofacto. Eh, Martínez, non perdas o bo costume e levanta o brazo antes de marchar. Ipsofacto. Coa man limpou a caspa da camisa azul e repasou as fichas dos habituais. Hai que foderse, agora saen con esto dos cronopios. Que carallo serán. Unha guerra ganada, 25 anos de paz fascista, ler tres veces Mein Kampf, ver varias veces Raza e saber de memoria a vida do Duce, non servía. Entrou Martínez máis preocupado: non puiden facer nada, están por todas partes, é unha invasión, polos parques, polos tellados, colgados das farolas e dos andamios. Os da político social din que ata poden estar neste despacho. Dáme a nove milímetros, que imos dar unha lección. Ipsofacto, pero din os da brigada que é inútil dispararlles. O mal non acouga, Martínez. Recolle as cousas e marchamos antes de que nos boten. Ipsofacto.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader